Obradoiro sobre comercio e banca electrónica no Barco
A Unión de Consumidores de Galicia impartirá un obradoiro no Barco, no marco da iniciativa Escola para apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello do Barco, nas seguintes datas:
- Venres 18 e luns 21 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas
- Venres 25 e luns 28 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas
O número de prazas é limitado e as inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 (de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas) ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal. Na web da Unión de Conssumidores teñen máis información sobre esta iniciativa: https://consumidores.gal/actualidade/ucgal-cursos-banca-comercio-electronico/.