Curso de robótica para nenos (9 a 16 anos) na Aula Cemit do Barco

31.07.19 13:59

O 20 de agosto celebrase na Aula Cemit do Barco de Valdeorras (Edificio Multiusos, segundo andar), o curso titulado “Robótica para todos”, organizado polo Colexio de Enxenaría en Informática de Galicia e Amtega. No curso poderán participar como máximo 14 persoas, para nenos de entre 9 e 16 anos. Terá lugar entre 10 e 14 horas, e as inscricións poden facerse na propia Aula Cemit do Concello do Barco, ou no enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/289833

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng