DailyCBD DailyCBD DailyCBD DailyCBD

Concello do Barco : Catro eventos conforman o programa da Semana das Letras Galegas

Catro eventos conforman o programa da Semana das Letras Galegas

29.04.19 10:41

Entre o 10 e o 19 de maio terá lugar a Semana das Letras Galegas con varios eventos culturais, coa figura de Antonio Fraguas como referente, para celebrar a lingua e a cultura de noso.

Abrirá a semana Manuel Gago cunha conferencia titulada O patrimonio cultural de Galicia, da herdanza de Antonio Fraguas ao futuro. Será na biblioteca Delgado Gurriarán o venres 10 de maio ás 20h30. Gago é xornalista, director de culturagalega.gal, profesor da USC e editor do blog Capítulo 0.

O día 15 poderá verse no TLO, en sesións de 19 e 21 horas, o filme Trinta Lumes de Diana Troucedo. Unha historia misteriosa rodada no Courel que conta con numerosos premios e recoñecementos.

O xoves 16 ás 20h30 na praza Maior haberá un concerto de Caxade, o elegante cuarteto indie-folc con sonoridades bucólicas da vella Europa que lidera Alonso Caxade, un dos músicos máis creativos da música galega actual.

A Semana cultural conclúe o domingo 19 de maio ás 11 horas na praza do Concello co Maratón de lectura que organiza a Asociación Vagalume e que vai pola súa XIX edición.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng