Este venres Sergio Pazos trae ao Barco "Afiando con humor"
O actor ourensán presenta no TLO este monólogo arredor do afiador como un dos mellores contadores de historias. O venres 8 de decembro ás 21 horas, unha hora antes poranse á venda os billetes (5 euros).
A función está incluída na programación da Rede de espazos culturais de Ourense, que patrocina a Deputación de Ourense, e aborda desde o crítica pero con humor acontecementos de actualidade e cuestións diversas como o carácter dos galegos ou mesmo por que están de moda os monólogos. O artista recorre ao formato do monólogo para recuperar a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense.