dd Concello do Barco : O Centro Comarcal conta cunha dinamizadora da S. da Información

O Centro Comarcal conta cunha dinamizadora da S. da Información

29.01.08 12:46

Desde esta semana as novas tecnoloxías e internet están un pouco máis preto dos cidadáns do Barco. No Centro comarcal de Valdeorras comezou a traballar unha dinamizadora en horario de 11.00 h a 15.00 h e 16.00 h a 21.00 h luns, mércores e venres, e 16.00 h a 21.15 h martes e xoves.

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información incluida no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. E o desenvolvemento rural. A rede da Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar acabo actuacións relacionadas ca actividade económica, empresarial e a implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

A rede, que depende da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, conta con preto de 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven diferentes actividades (charlas, obradoiros, e cursos de alfabetización dixital e outros de  variada temática, así como cursos específicos) adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociación e PEMES e microPEMES.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng