Un Lazarillo galeguizado e para público familiar

22.01.08 10:03

Caramuxo teatro presenta este venres ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo a súa versión da novela clásica española "El Lazarillo de Tormes" cunha dramaturxia que procura achegala ao público xuvenil galego.

A comedia está interpretada por Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Xosé Manuel Esperante, no papel principal, a dirección é de Juan Rodríguez, que tamén adaptou o texto. A maior parte das peripecias que ocorren no Lazarillo son folclóricas (de tradición popular). Este espectáculo quere achegar unha nova visión do clásico dende a tradición e a cultura galega, "galeguizando" a novela e acercándoa máis á nosa realidade, algo que se reflicte nas expresións, nas partes musicais e mesmo nos costumes gastronómicos. A representación mantense, con todo, fiel á esencia do texto orixinal: unha historia de fame e supervivencia, que neste caso está pensada para divertir os pequenos e os seus acompañantes.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng