dd Concello do Barco : A “Axenda 21” local e o debate da sostibilidade

A “Axenda 21” local e o debate da sostibilidade

28.11.07 14:21

Onte foi presentada a “Axenda 21” no Barco nun acto realizado no Multiusos, presidido polo alcalde, Alfredo García, e ao que asistiron representantes de distintos estamentos políticos, económicos e sociais.

O noso concello é un dos sete Núcleos de Sostibilidade que van levar a cabo, en Galicia, as directivas da “Axenda 21" en materia medioambiental e de participación cidadá. As actuacións que se poden desenvolver, a metodoloxía para elaborar o Plan de Acción e o Plano Xeral de Participación foron o obxecto das exposicións dos técnicos que participaron como poñentes.

O rexedor salientou que o concello aposta polo desenvolvemento sostible para facer compatible a actividade económica e a defensa do medio. Pola súa parte, técnicos da empresa “Idom” fixéronlles entrega aos presentes dun inquérito sobre as condicións ambientais, sociais e económicas do concello do Barco, que servirá de base ao traballo de auditoría ambiental que teñen a encarga de elaborar dentro das actividades do Núcleo de Sostibilidade. 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng