DailyCBD DailyCBD DailyCBD DailyCBD

Concello do Barco : A Semana das Letras inclúe varias propostas sobre Manuel María e a súa obra

A Semana das Letras inclúe varias propostas sobre Manuel María e a súa obra

11.05.16 09:13

Poesía, cancións, teatro, videopoemas e iñustración forman o variado ronsel de propostas para lembrar a Manuel María e a súa obra na Semana das Letras no Barco, que inclúe a presentación do Cancioneiriño de Valdeorras reeditado para a ocasión polo Concello do Barco e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

O propio 17 de maio ás 20h. terá lugar un acto poético e musical na praza Maior que contará coa participación solidaria de xentes do teatro e a música nun acto que toma un verso do poema "O Carro" como título: "Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío". Recitando, tocando e cantando estarán sobre o escenario: Noemí Pinto, Sol Rodríguez, Reyes Limia, Manuel González, Lalo Santos, Manuel Caramés (Gargallada Teatro), Anxo Rei, Coral Mariñán, Mauro Docampo, Orfeón Valdeorrés, Jorge Álvarez & Armando Pérez e Saúl Rodríguez (SdeRap). No mesmo acto será presentado o Cancioneiriño de Valdeorras de M. Outeiro Hortas (heterónimo de Manuel María) que foi reeditado para a ocasión e que será entregado como agasallo aos asistentes ao acto.

O mércores 18 de maio ás 20h no Teatro Lauro Olmo estará Fantoches Baj co espectáculo teatral, poético e musical Un agasallo para Manuel María, un delicado traballo de Inacio Vilariño e Benxa Otero para achegar ao espectador á vida e a poesía do autor chairego e á súa relación con outro grande poeta, contemporáneo e amigo seu: Uxío Novoneyra.

A Concellaría de Cultura e Educación convocou semanas atrás un concurso de videopoemas, entre alumnos de secundaria e bacharelato, baixo o título de Un agasallo para Manuel María. O resultado do mesmo farase público no Teatro Lauro Olmo o día 19 ás 12h.

No vestíbulo do Teatro Lauro Olmo permanecerá exposta toda a semana a mostra As estacións de Manuel María do CEIP Condesa de Fenosa sobre a biografía e as creacións do escritor homenaxeado.

Finalmente o venres día 20 de maio ás 20h no Teatro Lauro Olmo Uxía e Magín Blanco presentarán Canta o cuco, un espectáculo para público familiar que mestura teatro e música cos poemas de Manuel María e no que participan con eles grandes artistas como Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo (músicos) e Inacio Vilariño (manipulador de monicreques).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng