Exposición sobre as feiras e a gandería no Teatro Lauro Olmo

07.02.20 14:07

Desde hoxe e ata o 15 de marzo estará no hall do Teatro esta exposición que preparou a Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo para a romaría Raigame. Fala das feiras de antano na provincia de Ourense e das razas gandeiras autóctonas.

A exposición fai un percorrido, a través de 21 paneis, dos que aproximadamente a metade dedícanse ás feiras da provincia de Ourense nos séculos XIX e XX, entre eles hai un sobre as feiras do Barco e da comarca, e o resto dos paneis describen as razas gandeiras galegas e as súas características.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng