Viloira acolle unha nova edición da Feira do Viño de Valdeorras

09.07.19 10:32

A XXII edición da Feira celebrarase na praza barquense de Viloira os próximos 13 e 14 de xullo e contará coa participación de 21 adegas (unha máis que o ano pasado).

O acto inaugural terá lugar o sábado 13 pola mañá e o recinto feiral permanecerá aberto en horario de 12,30 a 14,30 horas e de 19,30 a 23,00 horas. Como é habitual, a feira contará cun programa completo de eventos paralelos.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, con anterioridade á feira celebrarase na sede do Consello Regulador unha cata profesional, na que participan 16 adegas, e o domingo entregaranse os premios aos viños gañadores deste certame oficial.

Paralelamente, ao longo das dúas xornadas haberá actuacións musicais e actividades dirixidas aos máis pequenos. Tamén se poñerá en marcha de novo o tren Valdeorras Expreso para facilitar os desprazamentos de ida e volta ata o recinto feiral. O percorrido comprende saídas desde o polideportivo, pasando polo hospital e a praza do Concello ata chegar á praza de Viloira.

Todo o programa, no seguinte enlace:

www.dovaldeorras.tv/wp-content/uploads/2019/07/Programa_Valdeorras2019.pdf

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng