Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Barco, único Concello de Ourense galardoado coa Bandeira Verde de compromiso ambiental

O Barco, único Concello de Ourense galardoado coa Bandeira Verde de compromiso ambiental

19.05.10 13:51

O Alcalde de O Barco, Alfredo García, e o concelleiro de Medio Ambiente, Luis Ramos, recibiron o día 7 de maio en Madrid o prestixioso premio Bandeira Verde, na modalidade de compromiso ambiental.

O Barco é o único concello da provincia de Ourense que recibiu o galardón. A XI edición de Bandeira Verde-Municipio Responsable é convocada cada ano pola Federación de Usuarios Independentes (FUCI), e o galardón recibido hoxe corresponde o ano 2009. Con el, preténdese premiar o esforzo dos concellos  en materia de medio ambiente, consumo e sostibilidade.

Alfredo García mostrou, no acto de recepción da bandeira, a súa satisfacción por lograr este galardón por segundo ano consecutivo, por canto significa o recoñecemento do esforzo que esta Corporación Local fai en materia de medio ambiente, na que o Concello é punteiro polas súas numerosas iniciativas e recoñecementos. “Trátase”, dixo o alcalde de O Barco, (un dos poucos de toda España que falou no acto), “de premiar as boas prácticas dos Concellos no coidado do medio ambiente”. García Rodríguez quixo felicitar, por encima de todo, aos cidadáns de O Barco por este premio, “porque aínda que é o Concello o que pon en marcha as medidas e marca os obxectivos de mellora ambiental, este tipo de premios non poderían conseguirse sen o compromiso decidido da maior parte dos barquenses no coidado do medio ambiente e a sustentabilidade. Por tanto, esta Bandeira Verde non é tanto para o concello como para os veciños”. O Concello de O Barco conseguiu a Bandeira Verde na única modalidade á que se presentou, pero o goberno local está decidido a concursar, na próxima edición, noutras modalidades de coidado ambiental para as que tamén hai galardóns.

En total, recibiron en Madrid a Bandeira Verde un total de 74 municipios de toda España, dos que once eran galegos. Segundo indicaba a presidenta da FUCI, Agustina Lagoa, os premios permiten “coñecer, valorar e destacar o compromiso e  o labor que realizan as corporacións locais polo medio ambiente e o consumo responsable no seu municipio”. Tamén resaltou a implicación e o compromiso dos municipios galardoados, “por mellorar a súa xestión día a día”  en prol dun entorno “con calidade ambiental”.

No caso de O Barco, unha das claves para conseguir o premio foi o avance na xestión de aspectos ambientais no municipio, sempre relacionado co compromiso ambiental adquirido. O Concello adquiriu os compromisos da Carta de Aalborg, como un primeiro paso cara a un modelo de xestión máis sustentable, poñendo en marcha a Axenda Local 21. Tamén de importancia é a Certificación Ambiental segundo a Norma ISO 14001:2004, que certifica os compromisos ambientais adquiridos polo Concello nas súas dependencias municipais.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng