Aberto o prazo de inscripción para as Escolas Deportivas Municipais

29.09.08 13:06

Todos os interesados na práctica de diferentes deportes poden inscribirse dende agora para participar nas 17 escolas organizadas pola concellería de Deporte e Xuventude do Concello de O Barco.


Desde este pasado xoves permanece aberto o prazo para a inscripción nas Escolas Deportivas Municipais, que se desenvolverán desde o mes de outubro en diferentes instalacións deportivas do Concello de O Barco. No programa inclúense escolas para os adultos e para os nenos. Entre as primeiras atópanse a de ximnasia de mantemento, voleibol, tiro con arco, bailes de salón, tai-chi e ping pong.
En canto ás escolas para nenos, poderán inscribirse en baloncesto, ximnasia rítmica, fútbol-sala, fútbol, atletismo, multideportiva, piraguismo, ping pong, voleibol, tiro con arco e bailes de salón.
De todas as escolas existentes, únicamente unha, a de bailes de salón, ten límite de prazas. Os interesados poden inscribirse na Oficina de Información Xuvenil, no edificio do Concello Vello en horario de mañá, e na oficina das Escolas Deportivas, na praza do Concello, nº 5, de cinco a oito da tarde.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng