A carpa "Galiza nos Xogos Olímpicos" chega ao Barco

18.09.08 09:13

O delegado provincial da Consellaría de Cultura e Deporte, Xosé Carlos Sierra, e o alcalde do Barco, Alfredo García, asistirán ao acto de inauguración da carpa "Galiza nos Xogos Olímpicos", que chega hoxe ao Barco tralo seu exitoso paso por outras cidades e vilas galegas.

O medallista paralímpico galego Chano Rodríguez

O medallista paralímpico galego Chano Rodríguez

O acto dará comezo ás 18 horas e nel tamén participarán representantes de Caixanova e Gadis, entidades patrocinadoras,  ao final haberá unha exhibición da Escola de Atletismo do club Adas do Barco. A carpa permanecerá aberta desde hoxe ata o domingo en horario de mañá e tarde na esplanada da festa do Malecón.

A iniciativa está promovida pola Consellería de Deportes e a Fundación Deporte Galego, e pretende achegar á poboación a importancia da práctica deportiva. As actividades que se poden realizar no recinto son múltiples: fútbol, bádminton, voleibol, minibásket, básket xigante, hockey e balonmán. Ademais, contan cun área para os nenos de pouca idade e un medidor de lanzamento de balón. Para os pais existe unha bancada desde a que poden observar os diferentes partidos e, se se aburren, unha pantalla emite os encontros e probas dos xogos olímpicos, dando primacía a aquelas disciplinas nas que competiron deportistas galegos.

Esta carpa, que promociona os hábitos saudables diarios, comezou a súa andaina a principios de abril na Coruña e non descansará ata a primeira semana de outubro, cando será clausurada en Pontevedra, cidade na que repetirá visita.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng