Paseo en bici por unha mobilidade alternativa

21.09.07 09:22

Este sábado 22 de setembro está convocado un paseo en bicicleta que sairá as 11 da mañá do Pavillón de Calabagueiros. É o primeiro acto da Semana Europea da Mobilidade coa que se pretende chamar a atención sobre os problemas relacionados co xeito de desprazarnos nas nosas vilas e cidades.

Os participantes irán en dirección á Proba, A Raña e Viloira para rematar diante do Concello, onde se sorteará unha bicicleta e se entregarán agasallos.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello do Barco é a encargada de organizar un ano máis esta actividade baixo o título de “Sen o meu coche”. Promover os desprazamentos limpos, camiñando ou en bicicleta, e a diminución do uso dos coches é o obxectivo destas campañas que chaman á conciencia cidadá para adquirir hábitos de vida respectuosos coa sostibilidade e o medio ambiente.

O Concello do Barco, coa posta en marcha da Axencia de Sostibilidade, asume a elaboración dun plano local para a aplicación, entre outras, de políticas concretas para reducir o monopolio dos vehículos a motor nos desprazamentos e crear as condicións axeitadas para unha mobilidade sostible.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng