Agrupación Teatral Mariñán trae ao TLO a comedia "O de menos é o nome"

03.06.16 14:32

O venres 10 de xuño (21h) a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos presenta no TLO a comedia "O de menos é o nome", un dos mellores traballos do teatro amador galego nesta temporada.

A peza está baseada en "Le Prénom" dos autores franceses M. Delaporte e A. de la Pateliere. A peza foi dirixida colectivamente e está interpretada por Sara Zabalza, Juan J. Vázquez, Berto Rovira, J. Luis Mañana e Inés Valiño. Concursou na XII Mostra de Teatro Amador de Sada e obtivo os premios ao mellor espectáculo e ao mellor actor principal.

Co título de "El hombre" foi levada a escena o ano pasado pola compañía de Amparo Larrañaga nunha adaptación de Jordi Galcerán.

A Agrupación Teatral Mariñán é un dos grupos máis significativos do teatro afeccionado galego, devolveralle visita a Gargallada Teatro, que será anfitrións e organizadores da representación.

O prezo da entrada: 3 euros

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng