O venres Anxo Rei presenta Rosa, o seu novo disco

24.05.16 10:16

O venres 27 de maio terá lugar no Teatro Lauro Olmo a presentación de Rosa, o novo álbum de Anxo Rei. O acto, de entrada libre, dará comezo ás 20h30 e nel o cantautor de Rubiá estará acompañado polo escritor Delfín Caseiro.

Rosa é o último traballo de Anxo Rei, un disco producido e arranxado por Jorge F. Ojea, no que o cantautor valdeorrés interpreta cancións súas e lle pon música e voz a poemas de Rosalía, Celso Emilio, Xosé R. Ferrer, Darío Xoán Cabana e Pablo Neruda.

Para a gravación Anxo Rei ( música e voz) contou cos violíns de Eunice Santos e as guitarras, teclados e programacións de Jorge Fernández Ojea. Foi mesturado e masterizado por Carlos Díaz en PullPush Estudios de Madrid. A fotografía da contracapa do disco (que tamén é a do cartaz da presentación) é de Gonzalo Álvarez Fresco e o deseño gráfico do álbum é de Joli Domínguez.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng