Antagonista Teatro presenta este venres Coma e punto

09.05.16 10:11

Antagonista Teatro presenta este venres, 13 de maio, ás 21h. no TLO unha aposta teatral arriscada: Coma e punto, unha peza que aborda o suicidio dun home e que foi estreada o pasado 5 de maio no Auditorio de Ourense.

Coma e punto é un proxecto teatral de fin de carreira de Jose Vaquero quen a protagoniza xunto a Laura Míguez, dirixidos ambos por Fernando González sobre o texto de Vicent Auzillon, Foi precisamente o director quen describiu a montaxe como "unha historia de amor, de segundas oportunidades, de arrepentimento", e engadiu en declaracións recollidas por La Región de Ourense: "trátase dun monólogo diferente, onde non só é importante o valor da palabra, senón tamén da imaxe. É unha obra para escoitar e para ver". Unha ocasión en suma para ver por onde van as propostas escénicas dos novos creadores galegos. Antagonista Teatro comeza a súa andaina con este traballo e a do TLO será a súa terceira representación. Será como asistir ao nacemento dunha nova criatura.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng