O concello presenta o programa cultural para as festa de Nadal

14.12.17 12:58

A concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, presentou hoxe o programa de actos culturais para as próximas festas de Nadal e que vai especialmente dirixido ao público infantil e familiar.

Baixo o título de Nadal no Barco o cartel recolle ata 15 propostas diferentes que van desenvolverse entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro.

Mercadiño, concertos, parque de xogos, pista de xeo, cinema, teatro, contacontos, O Apalpador e a Cabalgata dos Reis, conforman a oferta cultural na que colaboran, co concello do Barco, a Deputación de Ourense, AEVA e Centro Comercial Aberto, así como outras entidades como o Orfeón, a Banda de Música, centros escolares, Conservatorio e Escola de música, Vagalume ou Cine club Groucho Marx.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng