Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O próximo luns inaugúrase a exposición In Terra Gigurrorum

O próximo luns inaugúrase a exposición In Terra Gigurrorum

14.10.19 14:25

O pasado romano de Valdeorras, o patrimonio arqueolóxico e o grupo Os Escarvadores, van centrar a exposición In Terra Gigurrorum que se abrirá ao público o próximo luns 21 de outubro ás 20h no Teatro Lauro Olmo.

Será unha charla do arqueólogo Santiago Ferrer sobre a romanización en Valdeorras a apertura oficial desta exposición, na que se ofrece un percorrido polas pegadas da romanización na nosa comarca ao tempo que se achega ao labor do grupo Os Escarvadores que, aproximadamente entre os anos 1964 e 1985, levou a cabo unha intensa actividade de descuberta e posta en valor do patrimonio histórico valdeorrés.

Móstranse tanto pezas arqueolóxicas da colección dos Escarvadores, procedentes de varios xacementos, como as achadas este verán no Castelo de Valencia do Sil tras os traballos dirixidos polo arqueólogo Santiago Ferrer Sierra, que é quen coordina esta exposición, logo do estudo, catalogación e restauración de pezas custodiadas desde 1989 polo concello do Barco, incorporando os elementos informativos que permiten entender a súa funcionalidade e o contexto histórico.

O martes 22 ás 20h terá lugar a proxección do documentario titulado "Na procura do noso pasado romano" realizado por alumnos dos IES Cosme López da Rúa e Lauro Olmo do Barco, dirixidos polos profesores Carmen Díaz Rifón e Xulio Parada.

Finalmente o sábado 26 a partir das 10 horas haberá unha visita guiada ao Castelo de Valencia do Sil, con Santiago Ferrer.

A exposición estará aberta ata o 31 de xaneiro de 2020, de luns a venres (19 a 21 horas) no segundo andar do Teatro Lauro Olmo e a entrada será polo Conservatorio.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng