Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Remata De Perto co filme O Piloto e os contos de Celso Sanmartín

Remata De Perto co filme O Piloto e os contos de Celso Sanmartín

13.07.15 14:09

O III ciclo De Perto toca o seu fin esta semana. O martes proxéctase o filme documental O Piloto de Xosé Reigosa (ás 22h30 nos Xardíns da Casa Grande) e o venres na Pradeira da Bada - Casas Baratas (22h30) estará Celso F. Sanmartín, un dos mellores narradores galegos de contos.

O Piloto (Xosé Castro Veiga) foi abatido pola Garda Civil preto da presa do Belesar o 10 de marzo de 1965, había 26 anos que rematara oficialmente a guerra, era o último guerrilleiro antifranquista. A súa historia é argumento para un libro de Afonso Eiré López e para un documental de Xosé Reigosa. O filme proxéctase mañá martes (22h30) no Xardín da Casa Grande. Unha achega necesaria á nosa historia oculta, a historia dos que perderon a guerra. Será presentado polo seu director.

O poeta e narrador galego Celso F. Sanmartín traballou como animador e coordinador de actividades na residencia 'Nosa Señora das Dores' de Lalín, é tamén autor de diversos libros entre os cales destacan 'Divagacións iú', 'O tigre das cenorias', 'Sen Título' e 'Fucsia, talladas, estampados, boca'. Os seus escritos (contos, historias, memorias ou poemas), moi enraizados na tradición oral galega e europea, xiran arredor do amor e da natureza. Xunto con Quico Cadaval recuperou para o seu repertorio os famosos "Contos de Joselín", José Rodríguez de Vicente "Joselín" foi o máis grande narrador de historias de Galicia, un home versátil e contraditorio, admirado polos galeguistas e condecorado polas ditaduras, alcalde de Baiona entre 1927 e 1929, ídolo de masas en Arxentina e guionista de cine en Madrid, gravou 23 contos galegos que foron éxito de vendas no seu tempo. Fernández Sanmartín participa como narrador nos mellores encontros e festivais deste xénero, nesta ocasión será o encargado de pechar a III edición do Ciclo De Perto- outros espazos para a cultura, que a Concellaría de Cultura do Barco vén celebrando desde o pasado día 26 de xuño en distintos lugares do concello.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng