Omic

OMIC son as siglas polas que se coñece a Oficina Municipal de Información ao Consumidor, un servizo municipal para axudar aos consumidores e usuarios a defender os seus dereitos por medio da información previa, o asesoramento e a recepción de reclamacións en temas de consumo. Trátase dun servizo de atención directa e gratuíta a través do que todos os cidadáns poden solicitar información e atención personalizada sobre asuntos que lle atinxan como consumidores, mediación entre as partes para a resolución de determinadas cuestións e tramitación de denuncias, queixas e reclamacións.

A OMIC desenvolve asemade campañas de información e orientación para educar e formar a poboación en xeral en cuestións relacionadas cos dereitos do consumidor.

Enderezo: Casa do Concello, praza do Concello, 1. baixo / Tel. 988 320202 / Horario: de 9 a 14 horas

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng