O Barco ao día

21.10.19 09:44

Curva España, o último de Chévere, este venres no TLO

Curva España é o último éxito teatral de Chévere (Premio Nacional de Teatro), teatro documento que parte da historia local, dun feito real: a morte do enxeñeiro Fernández España en 1927 acaecida na estrada da Gudiña a Verín. O venres 25 de outubro ás 21 horas no TLO.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]
15.10.19 12:00

Aberto o prazo para a inscrición para o examen da Certificación Galega de Competencias Dixitais No Barco o examen celebrarase na Aula Cemit o día 15 de novembro, e hai 15 prazas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca varias prazas para obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 3 de outubro, está aberta aos cidadáns en xeral que, pola súa experiencia..

Category: Noticias
[ler máis]
14.10.19 14:25

O próximo luns inaugúrase a exposición In Terra Gigurrorum

O pasado romano de Valdeorras, o patrimonio arqueolóxico e o grupo Os Escarvadores, van centrar a exposición In Terra Gigurrorum que se abrirá ao público o próximo luns 21 de outubro ás 20h no Teatro Lauro Olmo.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]
14.10.19 12:50

Quico Cadaval conta "Vacas, guerras, porcos e cregos" este venres no TLO

O venres 18 de outubro ás 21 horas, P.T. Excéntricas presenta a Quico Cadaval en "Vacas, guerras, porcos e cregos", narración oral teatralizada onde o de Ribeira enfía, co seu peculiar estilo, unha fábula con moitos personaxes, todos eles pouco virtuosos.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]
11.10.19 10:17

Convocado o II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

Ata o día 8 de novembro está aberto o prazo de presentación para a segunda edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Tal e como se fixo na edición anterior escolleranse tres textos finalistas e un gañador, que recibirá un premio de 3000€.

 

Category: Noticias
[ler máis]

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng