O Barco ao día
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL

Xa está listo o programa de actividades do Nadal 2109.
Moitas actividades para todos os públicos.
Xa está aberta a inscripción para a Carreira do Turrón, que como sempre ten carácter solidario, con entrega de alimentos por parte dos participantes.
Convocadas as axudas municipais a ANPAS e a entidades culturais
O Boletín Oficial da Provincia publica as Bases que regulan a convocatoria de axudas a ANPAS e asociacións culturais do concello do Barco para os exercicios de 2018 e 2019. En todos os casos o prazo de solicitude é de dez días hábiles contando desde o seguinte día ao de publicación no BOP.
Excéntricas presenta Medida x medida de Shakespeare este venres no TLO

Medida x medida de William Shakespeare é unha das grandes producións do teatro galego nesta temporada, cun elenco de luxo e a dirección de quico Cadaval a compañia PT Excéntricas celebra con ela o seu 15 aniversario. No TLO este venres 29 de novembro ás 21 horas.
PROGRAMA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta fin de semana comezan as actividades organizadas polo Concello do Barco con motivo do Día internacional para a erradicación da violencia de xénero, que se conmemora en todo o mundo o 25 de novembro. Son moitas as actividades que componen o programa diseñado pola Concellería de Igualdade con..
O Descenso do Sil recibe o 21 de decembro o premio à Regata Mellor Organizada do ano 2019

Trátase dun recoñecemento da Federación Galega de Piragüismo ao Concello do Barco, acordado pola Xunta Directiva da Federación Galega de Piragüismo na súa última reunión, na que se decidiron todos os premios que concede cada ano para recoñecer a labor realizada por concellos, clubs e deportistas..