O Barco ao día

19.05.20 13:01

CONCERTO VERTICAL NO BARCO PARA O DÍA DE SANTA RITA

No medio desta crise sanitaria, no estado de alarma e confinamento, non se van celebrar as festas de Santa Rita. Unha boa parte da vida social, económica e cultural do país está parada. Mais o Concello do Barco non quere que esta data, o 22 de maio, que é festa local, pase sen pena nin gloria.

Category: Noticias
[ler máis]
19.05.20 09:47

Aberto o prazo para a solicitude de prazas na Escola Infantil do Barco para o curso 2020-2021

Desde hoxe está aberta a convocatoria para iniciar o procedemento de adxudicación de prazas na Escola Infantil municipal 0-3 do Concello do Barco para o curso 2020/2021.

Category: Noticias
[ler máis]
14.05.20 10:32

O Barco celebra o 17 de maio con palabras pouco usadas do galego de Valdeorras

Será un 17 de maio desde a casa e coas redes sociais como canle para as expresións a prol da lingua e da literatura de Galicia. Neste caso a concellería de Cultura e Educación do Barco propón poñer en común palabras pouco usadas do galego de Valdeorras, un xeito de reclamar maiores espazos de uso..

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]
06.05.20 14:14

INTENSIFICACIÓN DAS MEDIDAS DE DESINFECCIÓN EN ZONAS COMERCIAIS

A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 supuxo a adopción de medidas de contención extraordinarias polas autoridades. Entre elas, o Concello está a facer tarefas de desinfección, de xeito periódico, en todas as rúas, e diariamente nas entradas de supermercados, farmacias, bancos,..

Category: Noticias
[ler máis]
09.03.20 09:05

1879. Casa de bonecas de Ibsen este venres no TLO

Estudo Momento presenta no TLO este venres, 13 de marzo (21h), a Iria Ares e Juan Carlos Mejuto en "1879.Casa de bonecas", un clásico do teatro realista escrito por Henrik Ibsen, considerado un alegato feminista co paso do tempo.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng