Galicia Interior

“Galicia Interior” nace coa oportunidade de establecer lazos de colaboración entre algúns concellos de entre os membros que forman parte do Eixo Atlántico. Deste xeito únense nun proxecto de cooperación pouco experimentado en Galicia, tres concellos cun obxectivo común de traballar en conxunto para aproveitar mellor as súas oportunidades dende unha visión colectiva. Deste xeito, pareceunos oportuno implantar este sistema na zona interior de Galicia, optouse por agrupalos de Sarria, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras.

Froito deste acordo entre os concellos e a colaboración do Eixo Atlántico, encargouse a realización dunha axenda estratéxica para a Galicia Interior que tenta incorporar todas as ideas que a sociedade política e civil achegue. Este concepto olla cara á promoción dun proceso a través do cal as autoridades locais traballan en colaboración entre sí e cos diferentes sectores das súas comunidades socioeconómicas, na elaboración dun Plan de Acción que guía o desenvolvemento integrado dos seus territorios.

Ademais, entre os concellos participantes propúxose lanzar as bases para a creación das redes de cooperación urbana e territorial de Galicia Interior (Sarria, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras), Baixo o lema “Pensando Xuntos, Planexando Xuntos”.

Unha dificultade para a unión foi que no se trataba de concellos contiguos, e esta dispersión pode dificultar algunha das propostas. Os tres concellos que lideran Galicia Interior son a súa vez cabeceira de comarca, e nodos de centralidade doutros moitos concellos tivéronse en conta xa que moitas das acción previstas aféctanlle directamente.

A aspiración do grupo de traballo é elaborar un Programa de Acción que contemple o conxunto de medidas e proxectos que permitan seleccionar  a estratexia e os obxectivos establecidos colectivamente e que coa súa materialización se traspase esta idea de Galicia Interior dende as cabezas dos alcaldes e os expertos a o resto da sociedade e ao propio territorio.

Os desequilibrios, os problemas estruturais, son a gran fonte de inspiración para a innovación. É dela de onde saen os mellores proxectos, as fórmulas máis imaxinativas, as propostas de longo recorrido. A necesidade de innovar para ofrecer alternativas ás institucións locais, aos seus veciños e as súas empresas, está na mente dos líderes locais que pensan estratexicamente. Este é o elemento “disparador” da alianza estratéxica entre os concellos que está a ser desenvolta por Monforte de Lemos, Sarria e O Barco de Valdeorras.

Este portal será a imaxe pública para dar a coñecer a entidade Galicia Interior. No portal coñecerás Galicia Interior, tanto cara ós veciños dos tres concellos como cara ó exterior., ofertar toda a información xerada polos diversos entes constituídos, servirá de canle de comunicación para os colectivos e veciños de Galicia Interior, enlazará tódalas páxinas institucionais dos concellos que a integran e por derradeiro obxectivo promover o coñecemento das Tic`s.

EixoInterior

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia