Cesures: Vales (San Clemente)

Vista da aldea de Cesures
Núcleo de Vales

Segundo reza un dito popular “Cesures e Vales, pobos iguales”. O certo é que hai un aquel de paralelismo, de analoxía, nestas dúas aldeas que compoñen a parroquia de San Clemente de Cesures e que suman un total de 78 habitantes. O núcleo de Cesures, con 36 residentes, aséntase na parte media-baixa da montaña, entre unha sucesión ordenada de soutos e bacelos.

Cunha disposición moi semellante, mais nun nivel inferior, temos Vales, aldea habitada por 42 persoas e orientada á chaira pola que flúe o río Sil.

Malia que o azoute do lume dos últimos anos danou seriamente os soutos nesta zona, aínda é posíbel contemplar en toda a parroquia amplas extensións de terreo poboadas de castiñeiros e outras especies autóctonas. A abundancia de vexetación na ladeira, salferida dos pequenos núcleos de poboación e as terras de labor, compón unha das estampas visuais máis atractivas dende o fondo do val e a propia vila do Barco.   

 

 

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng