Cultura

Teatro Lauro Olmo
Salón de actos do Multiusos
Sala de exposicións do Centro Comarcal

O Servizo de Cultura fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades culturais e artísticas orientadas a todos os públicos, a través da programación estable do Teatro Municipal Lauro Olmo, integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Teatro, música, cine, danza, conferencias e presentación de libros, exposicións..., configuran unha ampla oferta que se complementa coas actividades que leva a cabo o asociacionismo cultural e outras entidades, públicas e privadas, con espazo propio que enriquecen a vida sociocultural do concello e da comarca. Desde este departamento organízanse, asemade, outras actuacións na rúa, especialmente nos meses de verán, as festas tradicionais e as do Cristo.

Enderezo: Teatro Lauro Olmo, rúa da Estación, 2. 1º andar / Tel.: 988 320053 / Atención ao público: de 9 a 14 h. / culturaobarco@mundo-r.com

Equipamentos culturais do Barco:

Teatro Municipal Lauro Olmo, construído en 1987 no patio do primeiro Grupo Escolar público do Barco como Casa da Cultura e remodelado en 2006 como Teatro. Conta con 275 localidades, 175 en platea e 100 en anfiteatro, e dispón dunha moderna dotación técnica para realizar proxeccións cinematográficas e para a celebración de representacións teatrais, concertos e todo tipo de eventos sociais e culturais. Está situado na rúa da Estación nº 2. Tf: 988320053.

Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán. As actuais instalacións da biblioteca pública están situadas na planta baixa e no primeiro andar dun edifico situado na rúa Academia Dequidt. Ofrece servizo de lectura, consulta e préstamo, acceso a internet e dispón os seus fondos para dar satisfacción aos usuarios de diferentes idades. Está aberta en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 h. de luns a venres e de 10 a 13 h. os sábados. Tf: 988684157. obarco@rbgalicia.org / biblioteca@concellodobarco.org

Proxectos da biblioteca:

º Éntoma

º Veigamuíños

º Primeira visita

º Segunda visita

º Terceira visita

º Cuarta visita

º Quinta visita

Salón de Actos do Edificio Multiusos, está situado no terceiro andar do moderno edificio onde se encontran as oficinas municipais. Dispón de 60 butacas ampliables e está equipado con sistema de proxección e megafonía. Tf: 988320202.

Casa de Río Cigüeño – Centro Comarcal de Valdeorras. Está situado na rúa da Veiguiña nº 6, nunha antiga casa de labranza do século XVII rehabilitada pola Xunta en 2005. Depende da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal da Consellaría do Medio Rural. Conta cunha exposición multimedia de carácter permanente sobre a comarca. Dispón dunha sala de exposicións, unha sala de xuntas para 25 persoas e dun salón de actos para 50. Tf: 988347425.

Sala de exposicións Caixa Nova. No baixo das oficinas desta entidade de aforro, que dá á Praza Príncipe de Asturias, encóntrase esta sala que ofrece unha programación continuada de exposicións de pintura, escultura, fotografía e outras de carácter divulgativo. Tf: 988391746.

Galería Sargadelos. Organiza exposicións de arte contemporánea e presentación de libros, encóntrase na av. Conde de Fenosa nº 38 e está aberta en horario comercial. Tf: 988320586

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng