Urbanismo


O Concello do Barco conta cun Servizo Técnico ao que se poden dirixir os cidadáns en demanda de información sobre asuntos relacionados co urbanismo, a execución de obras municipais, proxectos de edificación ou plans de ordenamento. Neste departamento xestiónanse as licenzas para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

As obras públicas que realiza o Concello, en beneficio dos seus habitantes, son acometidas pola brigada municipal ou por empresas especializadas contratadas para tal fin.

As persoas que o desexen poden dirixirse ao Servizo de Urbanismo e Obras, que está situado no primeiro andar do Edificio Multiusos, na praza do Concello, de luns a venres e de 9.00 a 14.00.


[Preme sobre a imaxe para acceder á información do PXOM do Barco]

Toda a información relacionada co PXOM do Barco está dispoñible na páxina de Información Urbanística de Galicia da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)

O Plano Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Antigo do Barco foi aprobado, en aprobación inicial, polo Pleno en sesión ordinaria do 3 de abril de 2008. Podes acceder desde aquí a toda a documentación que o compón.


[Preme sobre esta imaxe acceder á documentación do PEPRI do Casco Antigo]

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng