Medio Ambiente


O Sil ao seu paso polo Barco

O Departamento de Medio Ambiente leva a cabo unha serie de actuacións que atinxen á mellora da calidade ambiental do Barco e a asunción por parte da cidadanía de hábitos responsábeis na súa propia relación co medio. Este servizo ten competencia na xestión de residuos (Punto Limpo e Experiencia Piloto de Compostaxe Doméstica), mantén programas de educación ambiental (Día europeo sen coches e Semana da natureza) e ten en marcha ambiciosos proxectos como o Núcleo de Sostibilidade Integrada, unha Miniplanta de compostaxe, a mellora ambiental da ribeira do río Sil, a Casa da Natureza de Xagoaza, a posta en marcha de rutas saudables para andar, un plan piloto de recollida de aceites vexetais e a participación no Proxecto Ríos.

Enderezo: Praza do Concello nº 2, edificio Multiusos, 3º andar. O Barco / Tel: 988 320202 / Atención ao público: de 9 a 14:00 h.

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng