Running&tapas O Barco!!!

13.04.12 13:00

En que consiste?? Organizaremos durante 6 sábados consecutivos actividade deportiva para os maiores de 18 anos, estructurando diferentes grupos por idades e condición física. Realizaranse, da man de monitores, diferentes exercizos entre eles running, estiramentos... e ao remate, co obxectivo de fomentar a convivencia, tódolos participantes poderán degustar tapas, indo cada un dos sábados a unha zona diferente o Barco.


Quen pode participar?? Todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que teñan ganas de saír a correr un rato e aprender a estirar el coidar o seu corpo e mente!!


Prezo?? 10€ que se pagarán ao formalizar a inscrición na Casa da Xuventude no Departamento de Deportes situado no 3º andar. Estes 10€ incluiran unha consumición e tapa en cada un dos seis sábados que dure a actividade.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng