Gargallada volve representar este sábado "Non me chames cariño..."

26.01.12 13:41

Logo da estrea do pasado venres, Gargallada Teatro volve representar no Teatro Lauro Olmo a súa última montaxe, a comedia "Non me chames cariño se non o sintes" de Manuel Caramés. Será este sábado 28 de xaneiro ás 21 h. e as entradas poranse á venda unha hora antes.

cartel obra

"Non me chames cariño se non o sintes" foi escrita por Manuel Caramés adaptando textos de J. Salom e J.L Alonso de Santos. Trátase dunha comedia sobre as relacións de parella no mundo contemporáneo e nun sentido amplo. Está dirixida por Manuel Caramés e interpretada por Reyes Limia, Eladio Santos, Mercedes Anta, Nuria Menéndez, Manuel González, José Mª Rodríguez, Francisca Fernández, Silvia Cuesta, Gabriel Prada, Manuel Caramés, Xosé Luís Conde e Aurora Fernández.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng