Alfredo García, reelexido como alcalde de O Barco

13.06.11 11:43

Este sábado tomou posesión a nova corporación do Concello de O Barco, que preside Alfredo García Rodríguez. A nova corporación está formada por 9 concelleiros do PSdeG-PSOE, 7 do PP e 1 do BNG.

O alcalde recibiu os votos do seu grupo, mentres que os edís populares votaron a Moisés Blanco, cabeza de lista desta forza política nas elecciones do 22 de Maio, e o edil do BNG abstivose. Durante o discurso de toma de posesión, o rexedor local recordou que a lexislatura que agora comenza será especialmente difícil pola actual situación económica, e recordou que é precisamente en momentos como o actual cando hai que aguzar o enxeño e traballar aínda máis para continuar coas melloras que se marcou como obxectivos para os próximos catro anos. Ao mesmo tempo, pediu a colaboración de todos os concelleiros, tanto do grupo de goberno como os que integrarán a oposición municipal, para traballar xuntos polo ben de O Barco. O alcalde agradeceu a confianza demostrada polos veciños de O Barco, que lle permite gobernar con maioría absoluta por terceira vez consecutiva.

Discurso de toma de posesión

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng