O Concello ingresa case 8.000 euros de producción da Fotovoltaica
O Concello do Barco acumulou unha produción de case que 23 megavatios de electricidade coa instalación fotovoltaica instalada na cuberta do Pavillón Polideportivo do Barco. Esta produción supuxo o ingreso de 7.789,65 euros nas arcas municipais, e unha prevención de CO2 (cantidade que houbera recibido á atmósfera cunha produción por outros medios convencionais), de 16.037,52 kilos. Trátase de cifras importantes para o Concello, e máis tendo en conta que a instalación fotovoltaica foi posible grazas a unha subvención de 57.000 euros concedida pola súa condición de “Municipio Sostible”. É dicir, rexistrouse unha ganancia económica para o concello, sen ningún custo engadido.
Os datos antes indicados son acumulados dende finais de xuño do ano 2009, cando se puxo en funcionamento a instalación, promovida pola Concellaría de Medio Ambiente, coa intención de contribuír a unha produción máis sostible da enerxía eléctrica. Ainda que e trata de unha produción modesta, si é importante para un concello como o de O Barco, que fixo esta instalación co fin de, unha vez transcorrido un tempo e vistos os seus bos resultados, estudar a posta en marcha doutros proxectos similares no futuro.
Según os gráficos de evolución da produción eléctrica da instalación, os meses nos que se rexistra unha maior actividade son os de xuño e xullo, e os de menos, novembro, decembro e xaneiro.






