Comeza o venres a XX Semana de Cine do Barco
Este venres ás 2oh30 dará comezo, no Teatro Lauro Olmo. a XX Semana de cine que organiza o cine club Groucho Marx. Farao coa proxección dun documental sobre as emisións de TV realizadas por esta entidade, no trancurso dunha das primeiras edicións da Semana de Cine.
A primeira película que se ofrecerá ao público será "Pájaros de papel" de Emilio Aragón (o venres ás 22h30), que encabeza a listaxe de títulos que compoñen o ciclo "cine español" e que, xunto aos de actualidade e infantil, compoñen un ano máis o interesante programa destas xornadas, pensadas para os amantes da séptima arte e tamén para todos os públicos, consultar horarios.
Como complemento da proxeccións cinematográficas, o Groucho Marx, ofrece a exposición "Playmóbil de cine 2.0" na Galería Sargadelos ata o 16 de setembro, na que se recrean esceas de coñecidas películas cos populares personaxes de plástico e se reproducen carteis de filmes, situando os bonecos articulados como protagonistas.






