Curso de Internet para persoas maiores de 50 anos no Telecentro

22.02.10 12:30

O curso comezará o vindeiro día 1 de marzo cunha duración de dúas semanas, sendo o horario de 12h a 13h.

O obxectivo deste curso é o de achegar as ferramentas e novas tecnoloxías que nos ofrece Internet para falicitar a vida diaria das persoas.

Faremos e aprenderemos a manexar o correo electrónico, as redes sociais, diferentes trámites como solicitar cita ó médico, etc...

Se tes máis de 50 anos e estás interesado en achegarte ás novas tecnoloxías só tes que apuntarte, indicando o teu nome e un telefóno de contacto, dunha destas maneiras:

  1. Enviando un e-mail a aula.informatica@concellodobarco.org
  2. Chamando ó 988-320202
  3. No propio Telecentro

O número de prazas máximo é de 16.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng