Xornada de cata de viños por videoconferencia no TC de O Barco
O vindeiro 11 de marzo, ás 20:00h, desenvoverase na RTC unha xornada de cata promovida dende o TC de Chantada, con motivo da Festa do Viño da localidade.
A primeira edición da Feira do Viño de Chantada
desenvolveuse no ano 1983 e, segundo os datos da
época, achegáronse preto de dez mil
visitantes.
Asentouse coma unha das feiras máis importantes da
provincia, ata que a finais dos anos noventa, se
converteu na Feira do Viño máis representativa do
noroeste peninsular.
Así chegamos ao día de hoxe, no que ata 229 persoas
poderán participar na xornada de cata por
multivideoconferencia, dende algún dos oito TC
participantes.
A solicitude de praza poderase formalizar, a partir
do luns 22 de febreiro, pinchando no enlace:
http://reservas.centromultimedia.net/public/reservas.php
O número máximo de asistentes no TC de O Barco é de 28
prazas.






