A XIX Semana de Cine abre este venres con Almodóvar

20.08.09 12:56

Fiel a súa cita de finais de agosto a Semana de Cine que organiza o cine club Groucho Marx abre mañá as súas portas no Teatro Lauro Olmo ás 12 horas coa proxección de varias curtas galegas e logo, pola noite ás 22h45, Los Abrazos rotos, o último filme de Almodóvar.

A mostra divídese, como cada ano nas sección de cinema de actualidade, cinema español e cinema infantil, este último en horario de 17 horas. complementa a programación a exhibición de curtametraxes integrados no programa Cinemas dixitais, todos os días ás 12 horas, e unha curiosa exposicións de play-móbiles inspirados en famosos títulos cinematográficos, pode verse na Galería Sargadelos ata o final de semana, o 31 de agosto.

 

Toda a programación e os horarios no blog do cine club Groucho Marx.

 

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng