O Barco acolle en xullo o Macrofestival músical “Son de Meiga 09”
O Noroeste de España ten este verán unha importante cita coa música rock e electrónica. Será en O Barco, os días 23, 24 e 25 de xullo, por iniciativa dun grupo de hostaleiros da localidade. Neses tres días ofreceranse 44 actuacións, cun total de 70 horas de música protagonizadas por grupos tan coñecidos como Siniestro Total, Tequila, Def con Dos, Reincidentes, Mago de Oz, Rosendo ou Esquizo. O “Son de Meiga 09” nace coa intención de converterse nunha cita obrigada, todos os veráns, para os amantes da música.
O Macrofestival “Son de Meiga 09” celebrarase nos terreos do Parque Empresarial da Raña, onde se instalarán os dous escenarios previstos para o espectáculo, e conta co apoio do Concello de O Barco, que se encargou da xestión dos permisos necesarios para levar a cabo a actividade neste lugar. O Concello solicitou á Xunta a posta en marcha dun servizo especial de “Noitebús” para que os veciños de O Barco e de localidades próximas poidan acudir aos concertos sen necesidade de mover os vehículos particulares.
Tamén se tramitou o permiso para a instalación
dunha zona de acampada libre -con duchas, baños
químicos e outros servizos-. As entradas xa están á
venda, e a organización elaborou unha páxina web
(www.sondemeiga.com)
na que se ofrece toda a información sobre o evento,
así como a posibilidade de adquirir as entradas e
de contactar coa organización vía mail.
PROGRAMA
Xoves 23
Siniestro Total, Reincidentes e Mojinos
Escozíos.
Navegando a Barlovento, Amadeüs, Cuentaatrás, Jabón
Blue, Hastilla, Mala Komunikación, Cabo da Vila,
M'82, Aztor Secundario e Discordia.
Dj: Tako, Óscar, iL Kartone vs David Prada.
Venres 24
Macaco, Tequila y Mägo de Oz.
Vuelta y Medio, Por Placer, Crackerman.
DJ: Pet Duo, Reeko 'Live', Cora Novoa 'Live', David
Mallada, Raúl Mezcolanza, Aitor Ronda, Adrián
Arias, David Prada.
Sábado 25
Rosendo, Avalanch, Def con Dos y Skizoo.
Iria Flavia, Os Cuchufellos, La tuna Rastafari,
Esquíos.
DJ: Dejan Milicevic, Trevor Rockliffe, Fatima
Hajji, Darkrow, C-System e iL Kartone.
VENDA DE ENTRADAS E PREZOS
Puntos de venda oficiais:
-Pub Caos, Cafetaría Despiste e pub Sambo de O
Barco:
Bono de tres días, en venda anticipada: 65 euros.
-Tick Tack Ticket:
Bono de tres días, en venda anticipada: 75 euros.
Entradas día: 30 euros.
-Taquilla:
Bono de tres días: 90 euros.
Entradas día: 35 euros.


