Faite Inspector da Natureza do Concello cos Bolechas
¿Queres participar cos Bolechas vixiando que se coide a natureza na nosa comarca? Xa podes conseguir o carné de Inspectores da Natureza na Bilblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán.
Estamos a crear un grupo especial de vixianza que estará encargado de controlar e apuntar todas as condutas positivas e negativas que os nosos veciños cometan durante estes meses.
Que entendemos por condutas positivas?
- Botar os plásticos no colector amarelo
- Botar o papel no colector azul.
- Botar o vidro no colector verde.
- Non botar lixo ao chan.
- Recoller as cacas das nosas mascotas.
- Coidar as nosas árbores e flores.
- Aforrar enerxía.
Que entendemos por condutas negativas?
- Non reciclar.
- Luxar as nosas rúas e parques.
- Non recoller as cacas das nosas mascotas.
- Malgastar enerxía.
- Maltratar aos animais.
- Romper e maltratar as nosas árbores e flores
E coa axuda dun caderno de notas poderás anotar as condutas que vexas aos teus veciños.
Se te queres anotar neste Equipo de Inspectores achégate á Biblioteca e apúntate na nosa listaxe. Os primeiros 75 inspectores terán a oportunidade de vir á presentación do libro:
"Os Bolechas visitan a Semana da Natureza de O Barco de Valdeorras"
Tamén recibirán un exemplar do conto asinado polo autor.
Animádevos e traede unha foto carné e poderedes formar parte da equipa dos Bolechas.


