Presentación do documental promocional en DVD do Barco de Valdeorras
O acto é de libre acceso e terá lugar no Teatro Lauro Olmo, o venres 20 de marzo ás 20:30 h.
Ademais do DVD de 16 minutos de duración, fíxose tamén unha guía, editada en castelán, galego e inglés, que promocionarán os recursos turísticos do concello.
Este traballo é o primeiro destas características que realiza o Concello barquense e na súa presentación intervirán o xornalista Marcos Sueiro, o Orfeón Valdeorrés e mais a concelleira de Turismo, Begoña González, quen explicará as características do DVD. A presentación rematará co visionado do audiovisual.
-
Xa está
disponible o vídeo do Barco en
Youtube - 11-07-09 09:09






