Teatro del Andamio representa "A lingua das bolboretas"
Álvaro Guevara, actor e director arxentino afincado na Coruña presenta "A lingua das bolboretas", texto de Manuel Rivas que reflicte o ambiente social en Galicia nos momentos que precederon a guerra civil. Estará o venres 5 no TLO a partir das 21 h.
Con música interpretada en directo por Manu Calvijo, Álvaro Guevara representa últiples personaxes baixo a batuta da directora rusa Tatiana Likhacheva
"A lingua das bolboretas" narra os feitos que suceden na primavera de 1936 ata o día en que estala a guerra civil nunha pequena aldea galega. Moncho, un neno de 6 anos, iníciase na amizade, no saber e no descubrimento dos misterios da vida levado da man do bondadoso mestre Don Gregorio. Introducímonos así no ambiente familiar, social e político da aldea, ata o momento da brutal ruptura final.
(SM de Cultura)


