A memoria dos tempos do volfran

01.12.08 13:28

Este mércores dentro do ciclo Cinemas Dixitais, o cine club Groucho Marx ofrece "A Memoria dos tempos do volfran", un documental de 55 minutos dirixido por Antonio Caeiro. Proxéctarase en DVD ás 20h30 no Teatro Lauro Olmo con entrada de balde.

Traballadores nas minas de volfran de Casaio, c 1944

Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no "Dorado" para moitas persoas que procuraban cartos ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas, nun filme gañador do Primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe "Espiello" (Huesca 2005).

(SM de Cultura)

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng