Éxito da 3ª Andaina de outono

12.11.08 14:40

Ao redor de cen persoas participaron esta pasada fin de semana na terceira edición da Andaina de outono, organizada pola Concellaría de Xuventude e Deportes do Concello do Barco.

Gañadores da andaina

O percorrido desta marcha tiña 16 quilómetros de lonxitude, e iniciábase ás 10 da mañá no pavillón de Calabagueiros, cun traxecto que levou os participantes a Veigamuíños, Tremiñá, A Portela, Ferradal, Xagoaza, Nogaledo, Outarelo, O Castro e regreso ao Barco. Todos os participantes recibiron avituallamento en varios puntos do percorrido, e entregáronselles premios e trofeos aos mellores en diferentes categorías.

Ir á galería fotográfica desta noticia

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng