Aberto o prazo para as subvencións de cultura

03.11.08 12:27

Hoxe mesmo acaba se ser publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o anuncio do Concello do Barco polo que se comunica que por un prazo de quince días hábiles poderán solicitar, as entidades culturais, as axudas previstas nas bases que foron aprobadas pola Xunta de goberno Local.

O prazo de solicitude remata pois o próximo día 20 de novembro, as instancias están a disposición das persoas interesadas no Servizo de Cultura, Teatro lauro Olmo, rúa da Estación, 2 e deberán presentarse no rexistro muncipal no prazo previsto en horario de 9 a 14 horas. Pódense descargar aquí as bases da convocatoria que inclúen o modelo de instancia.

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng