A pintura surrealista de Jesús Trincado no Centro Comarcal
O Centro Comarcal de Valdeorras acolle unha mostra da obra do pintor surrealista Jesús González Trincado (Vilela, 1948) que desenvolve unha persoal obra artística en diversas técnicas. A exposición ábrese o día 1 e poderá visitarse, no horario do Centro, ata o final do mes de setembro.
"Lucha contra el crono y el tiempo 1970-2002" é o título da retrospectiva deste artista valdeorrés, afincado en Asturias, que inclue desde a pintura ao óleo, acuarela, aguadas por veladura, guaches, debuxo a plumilla, ata grabados e escultura en madeira. De formación autodidacta, ainda que recibiu clases de debuxo e de técnicas de grabado con destacados artistas cántabros e asturiainos. Entre as numerosas críticas a obra de Trincado destacan as que se refiren as súas exposicións en Moscú e Nova York, nas que se resalta a excelente condición humana do artista tanto como a súa profesionalidade nos seus medios expresivos. Ten exposto os seus traballos en máis dunha vintena de exposicións individuais e colectivas, tanto en España coma no estranxeiro.


