Aprobado o prego de condicións para o servizo de recollida de lixo

27.08.08 09:12

O pleno da Corporación do Concello de O Barco aprobou o prego de condicións para a contratación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. Este é un dos concursos máis importantes nos últimos anos no concello. O presuposto base de licitación é de algo máis de 838.000 euros anuais, e a duración da adxudicación é de 10 anos.

O prego de condicións será publicado nuns días no DOGA, e a partir dese momento as empresas interesadas disporán dun prazo de 26 días para a presentación de ofertas. Na mesa de contratación estarán todos os grupos políticos da Corporación, e se calcula que a adxudicación podería resolverse a finais deste ano 2008. Na elección da empresa teranse en conta máis as melloras no servizo que se propoñan no seu proxecto, que as posibles baixas no prezo do mesmo.

Para máis información, ir a: Perfil del contratante

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng