Novo aparcadoiro municipal gratuíto no centro do Barco
Onte, 13 de Agosto, concluíron as obras de
acondicionamento dun novo aparcadoiro municipal
gratuíto no Centro do Barco. A apertura da zona de
estacionamento pública foi posible grazas ao acordo
alcanzado entre o Concello e os propietarios dos
terreos, quen accederon á súa cesión gratuíta.
Neste novo aparcadoiro caben da orde de 50
automóbiles.
A zona de estacionamento está situada entre as rúas
Eloy Rodríguez Barrios e Balorca, e permitirá,
ademais, mellorar as condicións de habitabilidade
das rúas adxacentes: fai poucas semanas concluían
os traballos de mellora da rúa Balorca, onde se
ensancharon as beirarrúas e suprimiuse unha liña de
aparcadoiros, e a curto prazo redactarase o
proxecto de mellora da rúa España, onde tamén se
mellorarán as beirarrúas, coa supresión dalgunhas
prazas de estacionamento.
O Concello ten así mesmo a intención de prohibir o
aparcadoiro de vehículos na zona situada tras o
edificio do antigo Concello, onde recentemente, co
incendio dun coche, demostrouse o perigo de que os
vehículosse sitúen no lugar.





