Tomando As Rendas

28.05.12 12:30

O Concello do Barco en colaboración coa Rede CeMIT pon en marcha a iniciativa “Tomando as rendas”,  é unha iniciativa sobre o fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.

A iniciativa conta con unha charla o día 29 de Xuño as 16:00 horas que será impartida por persoal de BIC Galicia que ten como obxectivo achegar a realidade do mundo da empresa as usuarias, e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plan de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.

A iniciativa tamén conta con Capacitación dixital básica e ofimática a nivel usuario realizándose un curso de iniciación a informática e ofimática para as persoas que non conten con estes coñecementos, dende o día 2 de xullo ata o 2 de agosto (martes, mércores e xoves) en horario de 16:30 a 18:00 h

As mulleres interesadas teñen ata o día 8 de xuño para apuntarse na iniciativa pasando pola Aula CeMIT do Concello do Barco, sito na praza do Concello nº 2  andar 2

Folleto

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng