Aviso Legal
IDENTIFICACIÓN LEGAL
De acordo co art. 9 da Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, o Concello de O Barco de Valdeorras identifícase en Internet co dominio www.concellodobarco.org
CONDICIÓNS DE USO
O Concello de O Barco de Valdeorras, a través do dominio www.concellodobarco.org facilita información de interese xeral de O Barco de Valdeorras. A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.
O Concello de O Barco de Valdeorras procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos no momento que os detecta. De calquera maneira, o Concello de O Barco de Valdeorras non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se encontre permanentemente actualizado.
O Concello de O Barco de Valdeorras poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións, supresións ou actualizacións da información contida en www.concellodobarco.org ou na súa configuración ou presentación. O acceso ó dominio www.concellodobarco.org, así como o uso da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de O Barco de Valdeorras non é responsable de ningún perxuizo que puidera derivarse deses feitos, nin tampouco pode garantir que o acceso non se vexa interrompido ou que o contido ou software ó que poida accederse está libre de erro ou de causar dano.
A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se encontran estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.
En www.concellodobarco.org inclúense enlaces a páxinas de sitios web de terceiros, que se considera poden ser de interese para os usuarios. O Concello de O Barco de Valdeorras non asume ningunha responsabilidade derivada das conexións ós contidos deses enlaces. O portal www.concellodobarco.org, os seus deseños gráficos e as informacións e códigos que conten son de titularidade do Concello de O Barco de Valdeorras, salvo expresa indicación de unha titularidade diferente, e están protexidos pola lexislación sobre propiedade intelectual.
Os contidos deste dominio poden ser descargados no terminal do usuario sempre que sexa para o seu uso privado e sen ningún fin comercial, pero non poden ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación, salvo autorización específica e expresa.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A visita ó dominio www.concellodobarco.org realizase en forma anónima, tan só se recollen cokies para facilitar a navegación do usuario.
Para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico, ou solicitar información, os usuarios deberán de facilitar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.
Eses datos incorporaranse ós correspondentes ficheiros informatizados do Concello de O Barco de Valdeorras e serán tratados de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1.999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais disposicións de aplicación coa finalidade de levar a cabo as xestións solicitadas ou proporcionar a información requirida.
Vostede consinte o tratamento destes datos podendo exercer os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición a través de aula.informatica@concellodobarco.org.
Seguindo a política de protección de datos de carácter persoal e medidas de seguridade de Turismo de Ourense, os datos atopan protexidos pola normativa vixente sobre tal materia, son confidenciais e a estes só poderán acceder as persoas debidamente autorizadas para os fins indicados no presente documento.
