O Concello
|
|
![]() Casa do Concello |
O Concello do Barco de Valdeorras está gobernado polo Partido Socialista de Galicia-PSOE, que acadou a maioría absoluta, por segunda vez consecutiva, nas eleccións municipais celebradas o día 27 de maio de 2007. Forman asemade parte da Corporación Municipal o Partido Popular con 6 escanos e o Bloque Nacionalista Galego con 1 escano, que xunto aos 10 do PSdeG-PSOE completan os 17 edís que representan ao pobo do Barco no seu concello.
Neste apartado poderás atopar toda a información relacionada co Concello do Barco, o saúdo do Alcalde, os seus órganos de goberno, os responsables das distintas concellarías, os concelleiros e os grupos políticos que compoñen a Corporación, os símbolos locais e unha guía cos enderezos e teléfonos dos servizos que se ofrecen ao cidadán.


